KIKO, O ETERNO CAPITÁN
A historia máis gloriosa do CCD Cerceda nos últimos anos remite
necesariamente á figura de Francisco José Cabeza Loureiro "Kiko". Ós 34
anos, e logo de 17 campañas no primeiro plantel roxiblanco, o eterno
capitán decidiu poñer o punto e seguido. Deixa o equipo de Terceira,
pero todavía ten moito que dicir no de veteranos, onde xogara a
vindeira tempada. Sempre en clave roxibranca. Sempre no Cerceda. Porque
a figura de Kiko esta unida irremediablemente ó clube do Roxo, o único
que coñeceu en toda a súa carreira como xogador. Dezasete temporadas
contempladas desde o lateral dereito ou o eixo da defensa, onde a
entrega e o sacrificio sempre estaban garantizados. Unha carreira que o
levou polas diferentes categorías do clubes ata chegar ó primeiro
equipo da man de Juanma, o adestrador que lle deu a alternativa cando o
Cerceda militaba en Rexional Preferente. Porque de seguro que moitos
nenos en Cerceda só viron ó equipo competir na Terceira División, mais
non sempre foi así. Durante boa parte dos 40 anos da súa historia, o
teito do clube estivo en categoría rexional. Todo ata que, mediada a
década dos noventa, consegue por fin subir a Terceira división. Kiko
foi testigo de excepción deste espectacular crecemento do Cerceda,
convertido hoxe en día nun dos conxuntos de referencia do fútbol
galego. Cen por cen home da casa, compartiu vestiario con innumerables
futbolistas e adestradores. De tódolos compañerios garda un bo recordo,
pero os que máis lle marcaron foron Buyo e Varela, os que eran os
centrais do Cerceda cando el só era un xuvenil con aspiracions de
chegar aí algún día. Xogou con eles e con outros moitos grandes
futbolistas, entre os que destaca a xente coa calidade de Barral ou
Villa, ó portentoso dianteiro Óscar Blanco "O Puma", ou Álex, o
porteiro coas mellores condicións de cantos viu. Pero foi con Toño e
con Marcos Mato cos que trabou unha amizade especial, que vai máis alá
do fútbol. Xunto a Toño tivo a honra de celebrar os tres títulos de
Terceira División cos que conta o Cerceda no seu palmarés, ademáis de
vivir o histórico partido da Copa do Rei fronte ó Deportivo, "o máis
grande ó que nunca asistiu Cerceda", segundo as súas propias verbas.
Chega a hora de despedida e Kiko marcha do mismo xeito que chegou: sen
facer ruido. Vaise o futbolista, pero sempre estará aí o compañeiro, o
amigo, o fillo de Vicente.
PEDRO LÓPEZ DEPOR SPORT






