O Club » Presentación

Saúdo do Presidente

Saúdo do Presidente

Quero aproveitar o lanzamento do novo formato da páxina web do C.C.D.Cerceda para mandarlles un afectuoso saudo a tódolos internautas que visitaron, visitan e visitarán esta web.


A través desta humilde web, queremos repasar a historia do noso clube, así como o seguimento e  información diaria dos equipos de tódalas categorías que nos representan.


Tamén se dará conta dos eventos e actividades que programe o clube.


Así mesmo, aproveito a ocasión para agradecer o apoio incondicional dos afeccionados, sen eles non chegaríamos tan lonxe. Agradecer tamén todo apoio recibido dende as institucións públicas i empresas privadas, quen coa súa colaboración fan que levar este clube cara diante sexa máis doado.


Quixera facer mención especial, a todas aquelas persoas que sen cobrar un euro, prestan moita parte do seu tempo  i esforzo, para colaborar desinteresadamente có equipo, xa sexa en tarefas de utilería, traballos de cantina, nas taquillas, na oficna e demais, sen elas, este clube non podería sair adiante. Dende aquí, doúllelas grazas de novo e animos a seguir colaborando e animando como o fixeron ata o de agora.


Todos formamos unha familia na que o traballo de cada un, é tan importante coma o do outro. Xuntos, formamos o C.C.D.Cerceda, levando o nome do noso pobo con moito orgullo por toda Galicia, e as veces, tamén por España adiante.


Todos temos un soño, un soño que o ano pasado escapoúsenos no último suspiro, pero de seguro, este próximo ano, voltaremos a estar ahí de novo para tentalo unha vez máis, e co esforzo e traballo de todos, este ano será o noso.


Non me queda nada máis que decir, tan só voltar a agradecer novamente a colaboración de todos e todas, necesitámosvos, todos xuntos, unidos, acadaremos éxitos en tódalas categorías.


FORZA CERCEDA!!!.


José Antonio Silveira Sánchez.

Directiva

Presidente

José Antonio Silveira Sánchez

Vice-Presidente

Cesáreo Leiro Parceiro

Secretaria

Isabel Bermúdez Castro

Tesoreiro

José Manuel Bello Pardo

Vogais

José Pérez González

Generoso Rivas Fraga

Ramón Devesa Morandeira

Luis Grela García

Ricardo Becerra Mosquera

José García Liñares

Luis Pereiro Villaverde

Antonio García Pazos

José Manuel Iglesias González

José López Gómez

Melchor Viqueira Gende

José Antonio Fraga Muiño

Jesús Sanjurjo Vieites

Categorías Inferiores

Francisco Javier Pena García

Axudante de Coordinación

Miguel Ángel Rico Bestilleiro