O Club » A Historia

Os comezos

O Centro Cultural e Deportivo Cerceda foi fundado un 12 de Agosto de 1968.

Despóis de que uns poucos xoves do pobo e das parroquias da bisbarra andiveran xogando partidos amigables e con equipacións para ir tirando, tomóuse a decisión de formalizaren a situación cunha xunta directiva e federando o equipo. Nos seus inicios xoga no Campo da Feira, para continuar no de A Gándara, nun momento crítico no que quedou sen éste último xogou de prestado duas tempadas no Campo de Longo en Meirama, é xa finalmente ate hoxe no Estadio Roxo do Piñeiro.

O primeiro presidente da entidade foi Primo Iglesias Suárez, un destacado hosteleiro do pobo.

A equipación

A equipación

En canto as cores da equipación de saída semellaron as do Atletic Club de Bilbao, por mor dos moitos afeccionados e tiron que por aquél entón tiña o laureado clube vasco pola zona e mesmo polo territorio nacional. É decir, camisola branca e vermelha con calzón negro. Máis adiante o calzón pasaría a ser azul.

As Competicións

Na tempada 1968-69 disputa a primeira liga federada de Terceira Rexional. Nesta categoría compite ata a 75-76, na que acada o ascenso. Na 2ª Rexional comeza na 76-77 é permañece ata 89-90, conseguindo o 1º título na súa historia co conseguinte ascenso.

Asemade nesta campaña foi subcampeón no trofeo Teresa Herrera para clubes modestos. A partires de aquí o Clube sofre un troco espectacular na faciana, en financiación e ambición. En 1ª Rexional está unha tempada (90-91), foi 2º e ascende a Rexional Freferente, aquí ata 93-94, que logra o seu 2º título co conseguinte ascenso. Dende a campaña 94-95 compite en 3ª División Nacional sen interrupción (17 tempadas ca actual).

O longo da estadía nesta competición colleitou uns logros que o colocaron como un dos clubes maís laureados e sobranceiros do fútbol galego, así, acadou os títulos ligueiros nas edicions 95-96, 02-03, e 03-04, un subcampionato 09-10, disputou 6 fases de ascenso a 2ª División B, nas que en duas delas (95-96 e 09-10) estivo as portas do ansiado salto a división de bronce do fútbol español.

Éstes grandes resultados ligueiros permitíronlle disputar 3 Copas do Rei (03-04, 04-05 e 10-11), en duas ocasions quedou campión autonómico da Copa Real Federación Española de Fútbol, sendo nunha delas semifinalista a nivel nacional.

Posúe asemade, unha Copa da Coruña, 3 Copas Deputación Provincial de A Coruña e unha Copa Galiza.

Os Militantes

Suliñamos que a nivel individual militaron neste clube futbolistas e adestradores que chegaron procedentes de outros clubes, provincias, autonomías, países e como non da canteira local, futbolistas que marcaron época, que xogaron en tódalas divisións ou categorías nacionais, pero non só iso, senon que de aquí deron o salto algúns a 2ª B, 2ª A e mesmo a 1ª División no caso do cercedense Rabadeira, que chegou a xogar co Real Club Deportivo de A Coruña converténdose no futbolista máis sobranceiro na historia do C.C.D. Cerceda.

O longo destes máis de 40 anos de historia moitos foron os presidentes, directivos, socios, afeccionados, simpatizantes, patrocianadores, colaboradores, adestradores e xogadores os que coido hai que agradecer a aportación individual ou colectiva que fixeron a éste clube e a súa historia que aquí reflexamos.