PORRA DOS XOGADORES DO CERCEDA / NOVAS DOS PREBENXAMÍNS E BENXAMÍNS.
o Xoves, 26 de Xaneiro de 2012
Estanse a vivir tempos de ledicia e compañeirismo no vestiario Cercedense notándose a boa marcha do conxunto nestre treito de tempada.
Como mostra dese bo ambiente, os xogadores non dubidaron en preparar unha porra para o partido da Copa do Rei entre Barsa e Madrid xogado onte en terras Catalanas.
Os resultados que os xogadores puxeron foron moi dispares. As cores notábanse á hora de poñer un ou outro resultado, aínda que moitos Madridistas puxeron resultados favorables ao conxunto Catalán.
Houbo xogadores que arriscaron nos seus resultados poñendo un 2-5 favorable ao conxunto merengue (damos algunha pista e decimos que foi un dianteiro o que puxo ese resultado, adiviñen vostedes...), e tamén quen presaxiaba un 5-1 para o equipo culé (este resultado foi obra dun recén chegado).
Finalmente foi Adrián Vázquez o gañador da porra ao atinar o resultado de empate a dous goles.
Levarase uns cuantos euriños sempre e cando os "morosos" (queda algún por pagar o euro que custaba a aposta), lle fagan entrega da deuda pendiente (risas do organizador que xa en plan serio dinos que non haberá problema).
Por outra banda, esta fin de semana non haberá partidos do Cerceda na categoría pre-benxamín e benxamín xa que lles tocará descansar.
Máis Noticias
PARTIDO BENJAMINES
o Sábado, 18 de Febreiro de 2012
LISTA DE CONVOCADOS PARA FERROL
o Venres, 17 de Febreiro de 2012
MÁIS BAIXAS NO CERCEDA.
o Xoves, 16 de Febreiro de 2012
RETIRADA A SANCIÓN A SOUTO.
o Xoves, 16 de Febreiro de 2012
La falta de puntería frente al Areas le cuesta dos puntos al Cerceda
o Luns, 13 de Febreiro de 2012
O CERCEDA É O 3º EQUIPO MENOS GOLEADO DE ESPAÑA
o Mércores, 08 de Febreiro de 2012