Noticias

Volver ao listado

MÁIS BAIXAS NO CERCEDA.

o Xoves, 16 de Febreiro de 2012

A can fraco todo son pulgas, refrán que se pode axeitar á situación que está a vivir o Cerceda últimamente no que se refire ao capítulo de baixas.
Agora é o gardarredes do equipo Cercedense Cristopher que despois de facerse a s pertinentes probas médicas, éstas dictaminaron que sofre un pinzamento lumbar polo que deberá gardar reposo uns cuantos dias impedídolle adestrar e xogar. Será baixa ante o Racing de Ferrol.
Pola súa banda, Franqueira tamén será baixa aoconfirmarse que sofre un forte esguince no seu nocello dereito, motivo polo cal estrá apartado dos terreos de xogos uns 10 días, polo que tamén será baixa para o partido que se disputará na Malata o vindeiro Domingo 19 de Febreiro.
Moreira segue en proceso de recuperación da intervención quirúrxica na que lle repararon unha rotura do menisco do seu xeonllo dereito. A recuperación marcha segundo os cauces previstos.
Noé seguirá sendo baixa, segue recuperándose dos seus problemas de pubis. Xa comezou a facer carreira contínua i espérase que o capitán Fisterrán poida estar pronto defendendo a elástica do Cerceda.
Xaco incorporouse ao grupo, e pode estar dispoñible para o importantísimo choque en terras Ferrolanas.

Máis Noticias

ULTIMO ENTRENAMIENTO

o Sábado, 19 de Maio de 2012

LISTA DE CONVOCADOS PARA ZARAGOZA

o Xoves, 17 de Maio de 2012

DESPLAZAMIENTO A ZARAGOZA

o Xoves, 17 de Maio de 2012

FASE DE ASCENSO A SEGUNDA "B"

o Luns, 14 de Maio de 2012