“Da gusto traballar con dous profesionais como Magu e Fran”

 

Ángel Fraga estreouse en partido oficial como porteiro do Cerceda o pasado mércores no partido que o seu equipo perdeu por 0-3 ante o Sanse. O exgardamallas do Celta non tivo a sorte de cara no seu debut en liga.

Foi abultado o 0-3 do Sanse no Roxo?
Dende o meu punto de vista foi un resultado demasiado abultado xa que o Sanse chegou tres veces e marcou tres goles.

Que fixo mal o Cerceda para sufrir ese resultado?
Nós tivemos mínimo cinco ocasións de gol que non consiguemos materializar.

Gustouche o Sanse?
O Sanse é un equipo defensivamente moi ordenado que ten as ideas moi claras e despois de medio campo para arriba ten xogadores de calidade.

É complicado debutar na xornada 12 e no medio dunha racha negativa do equipo?
Sempre é complicado debutar e máis na dinámica de derrotas que leva o equipo pero os xogadores temos que estar preparados para facelo no momento que toque e intentalo facer o mellor posible.

Esperabas saír titular ante o Sanse?
Sempre espero xogar todos os partidos de titular, tomalos todos coa misma mentalidade, ata que o míster dea a alineación intento pensar que vou xogar e máis coa filosofia que ten Tito de ir alternando os porteiros, non hai un titular ou un suplente. Xa o fixo nas súas etapas no Depor como por exemplo con Manu e con Fabricio

Tiveches nervios nalgún momento do partido?
No, adoito poñerme nervioso. Considérome unha persona bastante tranquila.

Estás contento ou quédache algunha espiña do teu estreno co Cerceda en liga?
Contento non estou. Perdendo 0-3 no debut non podo estar contento. Considérome un porteiro atrevido. No lance do primeiro gol saio a polo balón, vexo que vai moi pasado e quizais me confío un pouco pensando que ía saír pola liña de fondo, o xogador deles estivo rápido e volveuna poñer no área coa cabeza.

Como se repón un porteiro despois de encaixar dous goles coma os que encaixaches?
Son lances do xogo nos que unhas veces estás acertado e outras no, Non me queda outra que seguir traballando e mellorando día a día.

Sete partidos sen gañar, que lle pasa ao equipo?
O equipo está nunha mala racha de resultados pero para nada vexo un equipo relaxado. Ao contrario, para min o equipo está a facer mellor as cousas que o principio de temporada o único que nos pasa é que ao principio entraba a pelotiña e agora non nos está entrando.

Era irreal o inicio de tempada?
Como dicía anteriormente, para nada irreal. Somos un equipo xoven, competimos ben e temos as ideas moi claras. As cousas sempre pasan por algo.

Como é a túa relación con Magu?
A miña relación tanto con Magu como con Fran e moi boa, son dous grandes profesionais. Da gusto traballar con xente así.

Sabes xa se xogarás ou se non na Malata?
Non sei si xogarei ou non. Creo que estou preparado para facelo. Intento adestrar duro cada día para poder xogar e poñerlle as cousas complicadas ao míster.

Que porteiros tes como referentes?
O meu ídolo desde pequeno sempre foi Casillas. Agora que o fútbol vai evolucionando e ao porteiro pídeselle máis presencia co xogo de pés, fíxome moito en porteiros como Ter Stegen, De Gea ou Neuer.

Que recordos che quedan do teu paso polo Celta?
Os recordos son bos. Estiven a gusto os catro anos que pasei en Vigo e deixei grandes amigos alí.

É especial para ti ser da provincia de Lugo e que o Cerceda sexa filial do Lugo?
Claro que é especial que o Cerceda sexa filial do Lugo. Eu son de Vilalba e sempre sería bonito poder xogar en categoría profesional co equipo da provincia.

Que obxectivos te marcas esta tempada?
A nivel individual, intentar mellorar en cada adestramento e poder xogar un gran numero de partidos. A nivel colectivo, conseguir a salvación e a, partir de aí, pensar en cousas maiores.

E na túa carreira como futbolista?
Disfrutar de todas as etapas da miña carreira e intentar chegar ao meu limite como porteiro, ao mais arriba posible.

A cantos puntos do descenso firmas rematar a primeira volta?
Firmo os 45 da salvacion e despois a seguir mirando cara arriba.